6/6/11

Pudding de pan

Cando vin esta torta di pane lembreime dunha bolsa de pan reseso que gardaba no conxelador e fixen unha versión 100% centeo. Había diferentes tipos de pan, os anacos de Borodinsky danlle un gusto especial.

INGREDIENTES
250 g pan reseso de centeo esnaquizado
700 g leite (botei máis porque me pareceu que a precisaba, non a medín)
2 ovos
50 g pasas
50 g noces
50 g azucre
unha cullerada de mel de caña

PREPARACIÓN
Remollar o pan no leite e deixar repousar toda a noite ou ata que o pan amoleza.
Mesturar o resto de ingredientes.
Verquer nun molde engraxado.
Enfornar a 180ºC 45-60 min