5/6/11

Dous anos de pan

Tras dous anos de pan caseiro, a panadeira aínda acena un sorriso parvo cando o pan sube ben no forno...

e máis se abre ben polos cortes...

e mentres arrefía fai crec-crec e se forman unhas fendiñas así pola codia.

Pan que sabe e cheira a pan :)


INGREDIENTES para un pansote de 1,3 Kg
750 g fariña de trigo (RdS)
300 g masa nai de trigo integral (RdS)
390 g auga [60%]
13 g sal [1,5%]
9 g malta moída de trigo [1%]

PREPARACIÓN
Mesturo todo. Autolise 30 min.
Amaso 6-7 min
Primeira fermentación 3 h, cun S&F cada hora.
Formo, coloco nun banetón enfariñado con arroz e meto no frigorífico 10 h
Saco e deixo temperar 2,5 h a temperatura ambiente.
Enforno sen pedra (non tiña tempo de quentala) 15 min con vapor a 240ºC e 55 min sen vapor a 200ºC

Aínda que é o pan de sempre (fíxeno deste xeito ducias de veces), hoxe saiu especialmente ben. Pode que sexa o mellor pan que fixen ata agora. Sabe a pan bo, artesán, cocido en forno de leña, cunha boa codia, que permaneceu dura ao longo das horas. E non sei por qué.