18/6/11

Rye sourdough pancakes

Gústame moito esta receita, que collín de Wild Yeast, porque ainda que as tortitas son grosas non quedan masucas, saen cun miolo húmido e lixeiro.

INGREDIENTES para 7 tortitas
250 g masa nai de centeo branco
1 cullerada de mel (sirope de arce no orixinal)
1 cullerada de aceite
1 ovo
1/2 culleriña de lévedo químico (Royal)
1/4 culleriña de bicarbonato sódico
1/4 culleriña de sal

PREPARACIÓN
Mesturar todo e cociñar sobre a prancha lixeiramente engraxada. Dar volta cando faga burbullas.