25/6/11

Á maneira tradicional

Máis pan á maneira tradicional. A receita é a de case sempre pero hoxe cocino na cocotte, por iso saiu así de bonitiño. Mágoa que nas fotos non se aprecie ben o ton dourado da codia.

INGREDIENTES para dous moletes*
750 g fariña de trigo do país (Panificadora Betanzos)
250 g fariña de trigo manitoba (La Finestra sul Cielo)
400 g masa nai de centeo branco
760 g auga [80%]
18 g sal [1,5%]

PREPARACIÓN
Autolise 30 min
Engado sal e amaso 25 min
Deixo levedar 3 h, cun S&F aos 60, 120 e 180 min
Frigorífico* unhas 10 h
Deixo temperar 2 h
Formo rapidamente.
Enfornado na cocotte* quente 240ºC 15 min tapada e 55 min a 200ºC co testo quitado.
Aseméllase moito ao pain au levain que comin en Francia.

* Dividín a masa en dous boles ao metela no frigorífico porque non tiña ningún grande dabondo para tanta masa.
Cocín a metade da masa na cocotte e o resto fóra, canda ela. O espazo no forno estivo moi xustiño.