22/5/10

Mad'arský chlieb

TOTAL DE INGREDIENTES para dúas pezas
625 gr fariña candeal (Froiz-Gabino Bobo)
275 gr fariña de forza (Modesto)
240 gr pataca cocida
9 gr lévedo prensado
280 gr auga
280 gr leite
14 gr sal
45 gr manteiga

PREPARACIÓN T=24ºC
Fago un poolish con estes ingredientes e déixoo 2.30 h nun lugar morno:
  • 200 gr fariña de forza
  • 200 gr auga
  • 2 gr lévedo
Mesturo o poolish con:
  • 80 gr auga
  • 280 gr leite
  • 7 gr lévedo prensado
Á parte, mesturo:
  • 75 gr fariña de forza
  • 625 gr fariña candeal
  • 14 gr sal
Xunto todo, remexo ben e amaso. Logo dun par de minutos vou engadindo a manteiga aos poucos.
Deixo levedar 45'
Divido en dous sobre a mesa enfariñada, formo dous bâtards e coloco nos banetóns enfariñados con centeo branco.
Métoos no frigorífico unhas 9.30 h Cando os saco teñen un tamaño descomunal e están brandísimos e cheos de aire. Demasiado tempo :-((
Deixo temperar 45'
Envorco sobre a pedra e enforno 45' a 200ºC.
Perden contra as 2/3 partes do volume :-(((
Son bonitos e pódense comer, sobre todo tostados, pero non son ningunha marabilla.

A intención era converter o Mr. Potato nun mad'arský chlieb. Debido aos problemas de descoordinación tempo/temperatura, non saiu ben :-(((( Noutra ocasión será.