22/5/10

Pan sinxelo

INGREDIENTES para dous moletes bos
700 gr fariña de forza (Modesto)
300 gr fariña de trigo ecolóxica (RdS)
400 gr masa nai centeo integral
700 gr auga [75%]
18 gr sal [1,5%]

PREPARACIÓN
Mesturo todo menos o sal. Autolise 45'
Engado o sal e amaso con suavidade. T=24º
Deixo levedar 90', S&F cada 30' sobre a mesa mollada
Divido en dous sobre a mesa enfariñada, formo e coloco nos banetóns.
Métoos no frigorífico 11 h
Deixo temperar 90'
Teño algúns problemas no momento de envorcalos, un pégase á bandexa-pá (puxen un papel moi pequeno) e á miña man ao tentar recolocalos, son demasiado grandes e quedan moi xuntos e perigosamente perto das paredes do forno, non os podo pasar á pedra (por estaren pegados á bandexa)...
Meto a bandexa sobre a pedra e non reciben calor abondo por baixo.
Coceron contra 1 h, a 240ºC os primeiros 15' con vapor e a 200ºC os outros 45'
Sonaban a oco pero a codia era demasiado fina por baixo.
Tívenos despois un longo rato dentro co forno xa apagado, coa pedra quente dentro e a porta aberta e melloraron.
Alveolado pequeno. Sabor algo máis ácedo do habitual.