9/5/10

Tortillas de millo

Para dez tortillas boas:
  • 185 gr fariña de millo precocido (1 mug)
  • 285 gr auga quente (40ºC) (1 mug)
  • 2 gr sal (un chisco)
Mesturar todo e deixalo repousar uns minutos.
Facer boliñas e aplanalas entre dúas láminas de silicona. Manter sempre a masa tapada para que non seque.
Cociñar na plancha sen engraxar, dándolles volta.
Envolvelas nun pano e servir quentes.