22/5/10

Molletes de Antequera

TOTAL INGREDIENTES
400 gr fariña trigo candeal (Froiz-Gabino Bobo)
400 gr sémola de trigo para migas (El Molino)
500 gr auga [62,5%]
8 gr lévedo prensado [1%]
10 gr sal [1,25%]

PREPARACIÓN
O día anterior preparo un poolish cos seguintes ingredientes, déixoo contra 1 h a temperatura ambiente (24ºC) e métoo no frigorífico:
  • 100 gr fariña candeal
  • 100 gr sémola
  • 2 gr lévedo
  • 200 gr auga

O día de facer o pan saco o poolish do frigorífico e incorporo:
  • 300 gr fariña trigo candeal
  • 300 gr sémola
  • 300 gr auga
  • 6 gr lévedo prensado
  • 10 gr sal
Amaso.
Deixo levedar 1 h
Desgasifico, aplano sobre a mesa enfariñada e corto círculos co aro de emplatar.
Deixo repousar na couche us 45'
Enforno a 200ºC 10' por cada lado sobre a pedra quente (fixera antes outros pans).
Envólvoos nun pano ao sacalos do forno para que non sequen de máis.

Quedan moi ben, aseméllanse moitísimo aos orixinais :-D

Cun resto de masa fago esta barriña. Ainda que está ben cocida, saiu tan branca que parece de xeso!