
Unha noite de inverno hai unha chea de anos unha colega holandesa convidounos a unha reconfortante sopa que preparara na cociña común de Vančurová. Esquecín o nome da rapaza, o da sopa non:
tomatogrúnesup, pareceume entender daquela.
Aproveitando que tiña verduras da horta e queixo caseiro, fíxena hoxe para xantar.