24/9/11

Pan con tres fermentos


Este pan está levedado con tres fermentos: soro (de leite acidificado con kéfir), lévedo seco e lévedo líquido de froita.

INGREDIENTES para dous moletes
1 Kg fariña de trigo ecolóxica (RdS)
650 g soro de leite (sobrante dun queixo)
50 g prefermento de lévedo de froita e fariña integral de trigo ao 100% (sobrara destoutro pan e dábame pena tiralo)
1,8 g lévedo seco (o que quedaba nunha bolsiña)
15 g sal

PREPARACIÓN
Amaso todo xunto.
Deixo levedar dúas horas e meto no frigorífico toda a noite.
Deixo temperar media hora, divido e preformo.
Agardo 30 min e formo.
Deixo levedar pouco máis dunha hora e enforno 15 min á máxima temperatura con vapor e 40 min máis a 220ºC sen vapor.