Adaptación da receita do sogro de Cecília. Ricos, ricos.
INGREDIENTES para unha bandexa ben chea
250 g fariña (e algunha máis que engadín logo)
125 g azucre amarelo areado
1 ovo
5 culleradas de soro de leite (foi demasiado)
150 g améndoas crúas con pel
1 culleriña de lévedo químico
raspadura de limón
auga de azahar
PREPARACIÓN
Mesturar os ingredientes secos por un lado e os húmidos por outro. Xuntar todo e incorporar as améndoas. É unha masa branda e pegañenta.
Enfariñar a mesa e formar dous barrotes.
Enfornar a 180ºC uns 25 min
Cortar en rabanadas e estender na bandexa (mellor na grella, pero caían todos) uns 15 min máis (dar volta á metade), ata ficaren douradiños.
Con música de fondo.