Meu pai sempre me está pedindo unha fougasse e eu sempre fago outros tipos de pan, con pouca codia (que é o que lle gusta a el) e moito miolo. Como hoxe cumple nada menos que setenta anos, fíxenlla. Por desgraza non me saiu demasiado ben :(
Aproveitando que tiña o forno quente, tostei unhas améndoas para facerlle tamén unha torta de turrón, unha das súas sobremesas favoritas:
Nunca fixera turrón, pero vin esta sinxela receita, tiña améndoas caseiras de cultivo ecolóxico e decidín probar. O sabor é delicioso pero a torta non endureceu (polo menos polo de agora) tanto como debería. Grrrr. Parece que hoxe non é o meu día de sorte na cociña :((
Agora ando á procura dunha receita de oblea: se alguén sabe como facela, que me mande un mail e mo conte, por favor.