25/2/12

Pan integral de trigo

INGREDIENTES para dúas pezas
900 g fariña de trigo integral moída en pedra W200 Los Pisones
100 g fariña de trigo moída en pedra W200 Los Pisones
5,5 g lévedo seco
800 g auga fría
15 g sal

PREPARACIÓN
Mesturo todo nun bol e deixo repousar 10 min
Remexo ben cunha culler, divido en dous boles e meto no frigorífico unhas 15-16 h
Deixo temperar 3 h
Verco a masa (unha papa) sobre a mesa enfariñada con centeo e formo (é un dicir) un molete. A outra metada bótoa nun molde, sen forma nengunha.
Enforno o molete nunha cocotte quente de ferro, 20 min tapada a 240ºC e 40 min máis destapada a 200ºC


Pan de millo con uvas e noces

Mágoa de foto, é un pan redondo e douradiño, precioso.

INGREDIENTES
300 g fariña de millo
200 g fariña de trigo integral
200 g masa nai de centeo
80% auga
1,5% sal
unha presada de uvas e outra de noces

PREPARACIÓN
Tostar as noces e remollar as uvas.
Ferver a auga, escaldar a fariña de millo e remexer ben. Deixar repousar tapado.
Engadir o resto de ingredientes.
Deixar levedar (estivo cousa de 1 h a temperatura ambiente, 8 h no frigorífico e 4 h máis a temperatura ambiente).
Verquer a masa nun papel e enfornar.
Cocino en cocotte de ferro, 1 h a 200ºC, os primeiros 20 min tapado.

Fermented oatcakes


Copos de avea, kéfir, sésamo e sal. Fermentado unhas doce horas e pasado pola prancha engraxada. Un fío de mel e almorzo listo.

Flores!

Hoxe atopeime con esta sorpresa: as fabas comezan a florecer!

Eu nunca as vira antes, nin siquera sabía como eran. Son unhas flores delicadas e bonitas. E hai moitas máis en camiño :)

24/2/12

Compost


O produto desa máxica transformación na que refugallos de toda clase deixan de ser lixo para se converter nun ben prezado.

Desde que cuido unha hortiña miro con outros ollos o carozo da froita e a tona das patacas :)

20/2/12

Artillería pesada

Estou preparando unha potente bomba. Velaquí as miñas armas:

Non, mellor non contar calorías: é Antroido.