30/8/11

Dozura

Apple pie (versión libre e feita un pouco a ollo desta receita clásica)

e un non menos clásico biscoito de cabaza (receita aquí).

Non adoito preparar doces, pero é que non todos os días volta á casa unha persoa querida, coma hoxe.

As mazás e a cabaza son da horta. A cabaza é a primeira da tempada, que sempre fai unha ilusión especial.

(Sospeito que o cheiriño a doce e a canela chega ata o portal).