Esta foto chega con cinco anos de retraso: a outra vez que estivemos no Ibón de Anayet as baterías da cámara chegaron tan esgotadas coma nos (daquela subíramos pola Canal Roya) e non puidemos facer ningunha foto. Hoxe tivemos ocasión de regresar a ese marabilloso lugar e desfrutar alí dun fantastico bocata de pan francés.