23/7/10

Slow-fast food

Segunda tentativa de bolos de arroz, con resultado aceptable. Os traxes non saíron moi elegantes pero o importante é que mantiveron ben a forma e non se despegaron. Non estaba segura de se o engrudo aguantaría. Usei o tarro da alcaravea para lles dar forma :)
Agora o bonito sería prepararmos una tinta vexetal para escribir "Fabrico próprio".

A masa do bolo non ten complicación ningunha, faise nuns escasos cinco minutos. O que leva tempo a esgalla é o corte e confección dos traxeciños. Vou ter que buscar un aprendiz!

INGREDIENTES para 8 bolos
125 gr azucre (púxeno vainillado)
70 gr aceite de xirasol
3 ovos batidos
raspadura de limón
150 gr fariña de arroz
50 gr fariña de trigo
1 colleriña lévedo químico Royal

PREPARACIÓN
Bater o aceite co azucre. Engadir os ovos un a un batendo ben. Engadir as fariñas, o Royal e a raspadura de limón, mesturando todo ben. Resulta unha masa espesa e densa.
Aquecer o forno a 180ºC
Encher os moldes, esparexer un pouco azucre por riba e enfornar 30 min.

PROCEDENCIA
Tirei a receita deste foro. Engadín a raspadura de limón e substituín a Vaqueiro (margarina) por aceite de xirasol.
O método para formar os moldes, aquí.