PAN DE MILLO CON FIGOS E PASAS
INGREDIENTES para unha peza de algo máis de 1,1 Kg
400 gr fariña de millo (Adpan)
300 gr masa nai de centeo
290 gr soro de leite [80%]
9 gr sal [1,5%]
125 gr uvas pasas [23%]
125 gr figos pasos [23%]
Remollar as uvas e os figos pasos.
Mesturar todos os ingredientes (os figos troceados) e deixar nun bol unhas 14 h
Envorcar sobre un papel enfariñado con millo e darlle un pouco de forma coa rasqueta.
Esparexer fariña de millo pola superficie.
Quentar o forno a 220ºC coa pedra dentro.
Cocer 1 h
En realidade foi unha improvisación para ir gastando cousas que tiña por casa e saiu moi ben. Está moi bo pero prefiro a combinación clásica de pasas e noces mellor que figos e pasas. Fíxeno con soro porque escurrira kéfir o día anterior, non se lle nota sabor a leite.