Pan en pezas pequenas para gardar no conxelador e facer bocatas cando vaiamos camiñar por aí.
É un pan simple, leva fariña candeal, auga e soro de leite [63%], lévedo prensado [1,5%], sal [1,5%] e azucre [1,5%]. Media hora de forno sobre a pedra.
Usei parte da mesma masa para unhas pitas con leituga, tzatziki, salmón marinado e anchoas; todo caseiro menos a leituga.