18/11/09
Pitas e galo
PITAS E GALO
INGREDIENTES para 12 ud (dúas bandexas)
400 gr fariña común (Gallo)
250 gr auga morna [63%]
5 gr lévedo prensado [1,25%]
10 gr azucre [2,5%]
5 gr sal [1,25%]
PREPARACIÓN
Disolver o lévedo e o azucre na auga e deixar repousar 5'
Á parte, mesturar a fariña co sal.
Amasar todo xunto ata formar membrana. Engadín un chisco máis de auga no amasado.
Deixar repousar 60'
Enfariñar ben a mesa, dividir a masa en boliñas e estirar sen aplastar.
Colocar as pitas nunha bandexa ben enfariñada e deixar repousar uns 15'
Aquecer o forno a máxima temperatura. Cocer as pitas 4' por un lado e 3' polo outro.
Envolver nun pano para que non resequen.
CATA
Tenras e flexibles. Incharon ben e, agás un par delas que estirei de máis e quedaron crocantes, podíanse abrir e rechear con facilidade. Penso que saen mellor e son máis fáciles de manexar con fariña frouxa que con fariña forte.
Comémolas con queixo, leituga e tomate.
A MELLORAR
Probar a reducir a cantidade de azucre, penso que como máximo cun 2% abonda.
Ter coidado de non estiralas de máis polo centro.
PROCEDENCIA
É a mesma receita que xa fixemos en ocasións anteriores (por exemplo aquí e aquí). Nunca facemos fotos porque sempre as comemos de contado (ovella que berra, bocado que perde).
A receta orixinal estaba en Madrid tiene miga
http://madridtienemiga.blogspot.com/2009/01/pitas-perfectas-para-una-venganza.html
desapareceu co cambio do blog a Wordpress.
e Bureka Boy
http://is-that-my-bureka.blogspot.com/2007/02/pita-101.html