18/11/09

Pan biscoito


PAN BISCOITO

INGREDIENTES para dous moldes de 1,5 l
600 gr fariña común (Gallo)
Unha bolsiña de lévedo seco
195 gr nata 35% MG (un mini-brick de 200 ml)
156 gr ovos (3 ud)
156 gr leite [taxa de hidratación aprox 65%]*
60 gr azucre [10%]
6 gr sal [1%]
sementes de mapoula


PREPARACIÓN
Mesturar todos os ingredientes ata obter unha masa homoxénea.
Deixar repousar uns 20'
Amasar (pégase un pouco)
Deixar levedar 60'
Dividir en dous e formar como se poida nos moldes empapelados.
Deixar repousar uns 90'
Enfornar 45' a 180ºC
Deixar arrefiar cuberto para que non seque.

CATA
Non sei se me gusta ou non, é un pouco tonto, nin pan nin biscoito, doce pero non moito. É tenro pero non moi lixeiro, penso que lle sobra ovo.


------------------
*o cálculo para a taxa de hidratación:
195 gr nata, 60% auga = 117 gr
156 gr ovo, 75% auga = 117 gr
156 gr leite, 100% auga (por non facer máis contas) = 156 gr

Total 390 gr auga

600 gr fariña x 65% = 390