14/11/09

Rosca de reis (de raíña) para a tía no seu 70 aniversario


ROSCA DE REIS

INGREDIENTES
500 gr fariña de forza (Modesto)
250 gr leite morno
50 gr manteiga derretida
100 gr azucre (50 para a masa e 50 para decorar)
2 ovos (e medio máis para pintar)
25 gr lévedo prensado
5 gr sal
unha colleriña de auga de azahar
raspadura de limón e laranxa

PREPARACIÓN
Mesturar leite, ovos, limón e laranxa, auga de azahar, azucre e lévedo e remexer ata que o lévedo estea ben disolto.
Á parte, mesturar a fariña e o sal. Xuntar co anterior e facer unha masa homoxénea.
Deixar repousar 15'
Incorporar a manteiga fundida e amasar uns 10'
Deixar repousar 60'
Amasar brevemente, dar forma de rosca e deixar repousar 90'
Pintar con ovo batido e decorar con azucre húmido.
Cubrir con papel de aluminio e enfornar 45' a 200ºC
Deixar arrefiar tapado para que non seque.


CATA
Tenro e suave. Aromático e co punto xusto de dozura. Rico, rico, para repetir. Ao día seguinte secara un pouco pero seguía ben.

A MELLORAR
Pegábase un pouco ás mans cando lle din forma e non fun quen de facer unha rosca ben aberta, así que cando levedou desapareceu o oco.