24/6/09
Piiiitas piiitas
PIIIITAS PIIITAS
INGREDIENTES para unhas 12 pitas (dúas bandexas)
400 gr fariña de forza
250 gr auga morniña (aprox 63%)
5 gr lévedo prensado (aprox 1/4 cubito)
10 gr azucre
5 gr sal
PREPARACIÓN
Misturar o lévedo, a auga e o azucre. Deixar repousar 5'
Engadir o sal e a fariña. Amasado Bertinet uns 10'
Deixar levedar uns 60'
Esparexer fariña abondo sobre a mesa.
Desgasificar.
Dividir a masa en 12 boliñas.
Estirar ben cada boliña, deben quedar uns círculos de 0,5 cm de groso máis ou menos.
Deixar repousar tapadas.
Enfornar ao máximo de temperatura 4' por un lado, dar a volta y 3' polo outro. Colocar a bandexa no medio. Non precisan vapor.
Deixar arrefiar un pouco, aplastar e gardar envoltas nun pano húmido para que non se resequen.
Pódense gardar na neveira nunha bolsa e, cando se vaian comer, humedecelas e quentalas brevemente no forno.
CATA
Quedaron flexibles, finas pero resistentes, moi apropiadas para encher ou para comer un guiso tipo tajine mollando.
Un pan sinxelo, fácil e rápido, perfecto para un curry de polo (as pitas co polo, claro) con leite de coco e espinacas.
A MELLORAR
No subiron todas, se cadra porque o forno non quenta dabondo. De todos xeitos saíron moi boas e puidemos abrir todas ao medio sen problemas agás dúas ou tres que estirei demasiado e quedaron crocantes.
PROCEDENCIA
De Madrid tiene miga
http://madridtienemiga.blogspot.com/2009/01/pitas-perfectas-para-una-venganza.html
(desapareceu co cambio do blog a Wordpress).
e Bureka Boy
http://is-that-my-bureka.blogspot.com/2007/02/pita-101.html
Segundo Bureka pódense facer con fariña all purpose: probei con fariña de Taramundi e Gallo e sairon francamente boas.