1/11/11

Apple pancakes?!

Hai uns días puxen a remollo a tona de dúas mazás para cultivar o lévedo. Ocorréuseme disolver na auga un par de culleradas de sirope de cebada, pensei que o azucre sería alimento para o lévedo e ademáis deulle unha cor bonita, dun dourado escuro.

Onte collín parte dese lévedo líquido, mestureino con fariña branca de trigo e deixeino toda a noite. Esta mañán estaba cheo de burbulliñas, ben fermentado, cun cheiro entre viño e froita. Engadín un chisco de sal, un pouco Royal, remexín ben e botei culleradas desa masa (unha papa, máis ben) nunha tixola enmanteigada. Et voilà, esponxosos e afroitados pancakes para almorzar:

31/10/11

O outono é tempo de te

O pracer de beber devagariño cunca tras cunca de te mentres a tarde transcurre preguizosa e fóra cae a choiva.

Á maneira do mestre ;)

29/10/11

Semolina bread

Hamelman, Bread, p. 171.

Do país

Este ano temos moitas e boas noces e aínda non fixera un pan con elas. Fíxeno hoxe con trigo do país, tamén a masa nai (non me quedaba centeo). Está bo, pero bótaselle en falta o centeo :,(

25/10/11

Chilacayote 2011

Os primeiros tarros da tempada, con canela e cravo coma o ano pasado. Acabadiños de facer, coas etiquetas aínda húmidas.

(Que ben soa «chilacayote», moito mellor que «doce de gila» ou «cabello de ángel».)

Ensaio xeral

Chucrut con mazá, puré de patacas, salsa de oporto e lombo de porco asado.
Canto me gusta o outono! :)