30/6/10

Pickle & pickle

Non sei como estará de sabor porque aínda non o probei, pero o aspecto é lindísimo, con tanta cor. Tamén me gusta o nome.
Moltes gràcies, Cecília.

28/6/10

1 Kg de frambuesas

Onte á tarde apañei 1 Kg de frambuesas (e algún bechiño) canda meu pai. Este ano hai dabondo para nos, para os paxaros, caracois e quen as queira vir coller. Improvisei con elas unha marmelada. Non será a mellor do mundo porque nunca a fixera e non tiña tempo para buscar unha receita, pero habémola comer igual :)

Aproveitei para facer tamén un pequeno experimento, animada polo éxito do ginger ale caseiro e pola lectura do libro Wild Fermentation, de Sandor Ellix Katz.

Esta botella contén:

  • 20 gr marmelada de frambuesa
  • 30 gr azucre
  • 1 gr lévedo fresco (aprox)
  • algo menos dun litro de auga

Cando fixen a foto a mestura levaba 12 h de fermentación a temperatura ambiente (uns 23ºC). Aprécianse ben as burbullas de gas e a base da botella abombada pola presión.
Ten un ton ben bonito, non?
Isto promete!

Como di a miña socia na factoría R&R, agora xa non vamos poder parar!!

27/6/10

Guindas

Como cada ano, sempre por estas datas preparamos as guindas.
É xa unha tradición tan de San Xoan como as sardiñas e as lumeradas.

Guindas de Espada, caña de Portela, azucre, canela...

... e tempo.

26/6/10

Cousas de aquí e de acolá

Para merendar con Guillermo e Cecília: oatcakes, melitzanosalata e paneer con pimentón e herbas.

Fast food


Hoxe, fast food: un spotted soda bread moi semellante ao que fixen hai pouco pero nesta ocasión con fariña integral (moito mellor así, aínda que non lle pegan moito as uvas pasas) e unha pouca manteiga cocida.
Saíu salgado de máis, se cadra porque leva máis bicarbonato do que precisa.
Boteille tamén parte do soro deste queixo, que ten boa pinta pero non ten présa por madurar:


A receita é a de Dan Lepard en The handmade loaf, p. 99, algo adaptada.

25/6/10

Palak paneer (sort of)

Palak paneer ou, o que ven ser o mesmo, potaxe vexetariana de espinacas con queixo. Púxenlle ese nome exótico para que parecese algo especial, porque non é máis ca unha comida improvisada co que tiña por casa: cebolas, allos, espinacas, cenouras, pipas... e queixo fresco caseiro.