11/6/11

Knäckebröd de centeo, alcaravea e mel

Tunt, tunt.

Segundo a receita de Jan Hedh publicada por Ibán no foro del pan cuns axustes seus.
Que cousa TAN pero que TAN boa!

8/6/11

A toda caña!

Fixen un troco co Home de Folla de Lata, artesán cocinillas de grandísimo talento: unha botella de licor café caseiro á laranxa del por un frasco de licor de guindas caseiro meu de 2010. Nótase ben que este rapaz é un artista, obsérvese como se currou a presentación: botella, corcho, etiqueta (chulísima!) de deseño propio... non coma min, que botei todo nun tarro reutilizado, anotei o ano nunha mini-etiqueta e a correr. Oops.

Como vai bo tempo, ainda que é cedo xa hai guindas. Preparei algo de licor para o ano que ven, para consumo propio e trocos coma este que poidan xurdir. Estas son as cousas boas da vida :)

7/6/11

Marmelada de frambuesa

Como este ano a primavera está a ser tan morna, a froita toda ven adiantada. Collin unhas poucas frambuesas e fixen a primeira marmelada da tempada. Quedou un pouco espesa...

6/6/11

Pudding de pan

Cando vin esta torta di pane lembreime dunha bolsa de pan reseso que gardaba no conxelador e fixen unha versión 100% centeo. Había diferentes tipos de pan, os anacos de Borodinsky danlle un gusto especial.

INGREDIENTES
250 g pan reseso de centeo esnaquizado
700 g leite (botei máis porque me pareceu que a precisaba, non a medín)
2 ovos
50 g pasas
50 g noces
50 g azucre
unha cullerada de mel de caña

PREPARACIÓN
Remollar o pan no leite e deixar repousar toda a noite ou ata que o pan amoleza.
Mesturar o resto de ingredientes.
Verquer nun molde engraxado.
Enfornar a 180ºC 45-60 min

5/6/11

Dous anos de pan

Tras dous anos de pan caseiro, a panadeira aínda acena un sorriso parvo cando o pan sube ben no forno...

e máis se abre ben polos cortes...

e mentres arrefía fai crec-crec e se forman unhas fendiñas así pola codia.

Pan que sabe e cheira a pan :)


INGREDIENTES para un pansote de 1,3 Kg
750 g fariña de trigo (RdS)
300 g masa nai de trigo integral (RdS)
390 g auga [60%]
13 g sal [1,5%]
9 g malta moída de trigo [1%]

PREPARACIÓN
Mesturo todo. Autolise 30 min.
Amaso 6-7 min
Primeira fermentación 3 h, cun S&F cada hora.
Formo, coloco nun banetón enfariñado con arroz e meto no frigorífico 10 h
Saco e deixo temperar 2,5 h a temperatura ambiente.
Enforno sen pedra (non tiña tempo de quentala) 15 min con vapor a 240ºC e 55 min sen vapor a 200ºC

Aínda que é o pan de sempre (fíxeno deste xeito ducias de veces), hoxe saiu especialmente ben. Pode que sexa o mellor pan que fixen ata agora. Sabe a pan bo, artesán, cocido en forno de leña, cunha boa codia, que permaneceu dura ao longo das horas. E non sei por qué.

3/6/11

Kruskavel


Instrumento de tortura? Non! un novo xoguete. A ver se esta fin de semana o estreamos cun knäckebröd.