25/12/11

Fabas conxeladas

Estas fabas, que naceron haberá tres ou catro días, non se deixan asustar pola xeada. Nos tampouco: un día espléndido para desfrutar dun paseo polo campo.

21/12/11

Empanadico 2

Repetín o empanadico. Nesta ocasión vai recheo de cabaza xunto cunha boa cantidade de sésamo e non leva azucre por riba, polo demáis é igual. Este quedou mellor cocido, máis seco e crocante, porque foi ao forno na bandexa que se ve na foto, que se quenta ben e dalle calor por baixo. Ah, e o arró desta maneira, sellado cun garfo, queda máis fino, prefíroo así.

15/12/11

Empanadico de calabaza

Baseado na receita da familia aragonesa de Cecília:

INGREDIENTES para unha bandexa de 30 x 40 cm
Para a masa:
200 g auga
100 g azucre de cana
100 g aceite de oliva
1 cullerada de anís en gran
400 g fariña (puxen 285 g de trigo candeal e o resto integral)

Para o recheo:
500 g cabaza cortada fina
azucre de cana
canela

PREPARACIÓN
Mesturar a auga co azucre, o aceite e o anís. Cocer 10 min e verter sobre a fariña.
Amasar e logo deixar repousar 5 min
Estender a metade da masa ben finiña sobre un papel de forno.
Cubrila coa cabaza e espolvorear con azucre e canela.
Tapar co resto da masa.
Sellar ben os bordes, facer un burato no medio e pinchar toda a superficie para que non inche no forno.
Esparexer azucre e canela por riba.
Enfornar a 180º-200ºC uns 45 min

Se sobra masa pódeselle dar forma de tortas e enfornar soas (sen recheo), saen case idénticas ás tortas de aceite de Inés Rosales.

14/12/11

PLC

Pan, lacón asado, chucrut (todo caseiro, obviamente): pode haber unha combinación mellor?

8/12/11

Bocata en Parga


Percorrendo o PR-G 99. Unha paradiña para darmos boa conta dos bocatas na carballeira de Parga.

5/12/11

Morcillas en boa compaña

O mellor non é termos a sorte de aprender de primeira man como se fan as morcillas, é compartirmos unha fin de semana con xente tan boa e acolledora.

Grazas, Encarna. Grazas, David.