19/11/11

Almorzo de outono

Para almorzar hoxe, panqueques cunha marmelada que non pode ser máis de outono: leva cabaza, mazá e noces (todo da horta), tamén un pauciño de canela, zume de limón e azucre de cana. Fíxena onte, non quedou moi doce, pode que vaia collendo máis sabor co paso dos días e non se lle note a falta de azucre.