14/7/11

Xeado de pan

Cun anaquiño reseso deste pan e outras cousas boas (nata, iogur, unha presada de améndoas, azucre amarelo portugués) fixen este sinxelo e delicioso xeado de pan.
Atopei a receita (a orixinal leva avelás) no fabuloso libro de Nigel Slater Tender, vol. II, p. 947. Tamén está aquí.