26/2/11

Unhas barras para bocatas


Fixen estas barras con fariña de uso corrente para participar na proposta do foro de probar a facer pan empregando fariñas de supermercado. A codia é crocante e o miolo non é malo; o sabor é aceptable, sen ser nada do outro mundo, un puntiño doce.

INGREDIENTES
500 g fariña de trigo (Carbajo, de Benavente)
325 g auga fría [65%]
9 g sal
3 g lévedo seco

PREPARACIÓN [T=18ºC]
Mesturo todo, deixo repousar 5 min, amaso uns segundos ata obter unha masa homoxénea e métoa no frigorífico 24 h. Aumentou de volumen.
Saco a masa do frigorífico e déixoa repousar 1 h a temperatura ambiente.
Divido en catro e formo tres barriñas e unha épi (que nos comemos antes da foto).
Deixo repousar 1 h
Greño, pulverizo auga sobre as barras e enforno con vapor 15 min a 240ºC e 10ºC a 200ºC

Copiei a receita de Miolo no foro, pero non fun quen de formar tan ben as barras.

Selos


Chegou un paquete e traía estes selos :)

20/2/11

Pan para toda a semana

Dous quilos de pan caseiro:

É mesmo pan da semana pasada pero engadindo un pouco centeo. Sae un pan máis denso, máis escuro, algo húmido e con máis sabor.

INGREDIENTES
Masa 1
200 g fariña de centeo integral
80% auga
2% sal
dúas culleriñas de starter

Masa 2
1000 g fariña de trigo do país
800 g auga [80%]
15 g sal [1,5%]

PREPARACIÓN [T=17-18ºC]
Preparo a masa 1 o día anterior.
Mesturo a fariña coa auga e agardo 1 h
Engado o sal e a masa 1 e amaso todo xunto à la Bertinet algo menos de 10 min
Deixo levedar 3 h e fago un S&F cada hora.
Meto a masa nun bol no frigorífico 12 h
Ao día seguinte sácoa e déixoa temperar 3.15 h. Penso que lle faltou algo de tempo :(
Xusto antes de enfornar, divido a masa sobre a mesa enfariñada e formo rapidamente dúas pezas. Estiven tentada de facer unha moña pero non me atrevín.
Enforno sobre a pedra quente con vapor 15 min á máxima temperatura e sen vapor 55 min máis a 200ºC. Non lle terían ido mal 5 min máis.

13/2/11

Ao xeito da avoa

Hoxe fixen un pan moi sinxelo, á antiga usanza, sen banetóns nin complicación ningunha. Imaxinei cómo o faría miña avoa: empregando como lévedo unha pouca masa da fornada anterior, cunha única e longa fermentación en bloque e formando as pezas xusto no momento de cocelas. Gostaríame terlle botado un pouco centeo pero non me quedaba.

Velaquí está:


INGREDIENTES
Masa 1
150 g fariña de trigo do país
80% auga
2% sal
dúas culleriñas de starter

Masa 2
870 g fariña de trigo do país
696 g auga [80%]
13 g sal [1,5%]


PREPARACIÓN [T=17ºC]
Preparo a masa 1 o día anterior. Déixoa unhas 3 h a temperatura ambiente e despóis no frigorífico unhas 20 h
O día da preparación do pan saco a masa do frigorífico.
Mesturo a fariña coa auga e agardo 30 min.
Engado o sal e a masa 1 e amaso todo xunto à la Bertinet 10 min
Deixo levedar 3 h e fago un S&F cada hora.
Meto a masa nun bol no frigorífico 7.30 h
Ao día seguinte sácoa e déixoa temperar 4.30 h
Xusto antes de enfornar, divido a masa sobre a mesa enfariñada e formo dúas pezas facendo un pregado. Non greño.
Enforno sobre a pedra quente con vapor 15 min á máxima temperatura e sen vapor 55 min máis a 200ºC
Aumenta moito de volume no forno e non se desparrama.

12/2/11

Bocata en Ancares II

Unha vez máis en Tres Bispos. Había ben tempo que non subía por alí.

E unha cunquiña de chocolate para quentarmos o corpo.

5/2/11

Pan de centeo con centeo remollado en kéfir


INGREDIENTES
400 g masa nai centeo (RdS)
425 g fariña centeo (RdS)
75 g fariña centeo integral (non me quedaba máis centeo branco)
200 g centeo en gran remollado e a piques de xerminar (100 g en seco)
100 g kéfir
300 g auga
10 g sal

PREPARACIÓN
Unhas 5 h antes de facer o pan, preparo a masa nai e á parte mesturo o centeo en gran co kéfir.
Remexo todo xunto, fago una especie de bola, cubro moi ben con centeo integral e coloco no banetón.
Métoo no frigorífico unhas 12 h. Ao día seguinte saco e deixo temperar cousa de 4 h
Envorco deixando arriba a parte que estaba arriba no banetón e enforno sobre a pedra quente (cocera outro pan antes) a 200ºC 70 min. Boto unha pouca auga ao comezo.
Deixo arrefiar dentro do forno.
Aumentou moito de volume tanto no frigorífico como no forno.
Cheira moi ben.

4/2/11

O primeiro fracaso do ano

Velaquí o primeiro fracaso do ano: pouco amasado, mal formado, faltoulle tempo de levedado, pegouse ao banetón... O incrible é que de sabor si está ben :)


INGREDIENTES
Masa 1
100 g centeo integral (RdS)
85 g auga [85%]
1,5 g sal [1,5%]

Masa 2
1000 g trigo do país
850 g auga [85%]
15 g sal [1,5%]

PREPARACIÓN
Masa 1:
Mesturo todo, amaso uns segundos e deixo 2-3 h a temperatura ambiente e despóis no frigorífico ata o día seguinte, que a saco e deixo temperar contra 2 h.
Masa 2:
Mesturo, remexendo ben, a fariña coa auga e déixoa repousar 35-40 min. A masa ten xa moi boa pinta e aínda non hai nada!
Esnaquizo a masa 1 e mestúroa coa masa 2.
Engado o sal e amaso dentro do bol un par de minutos.
Deixo repousar 45 min e fago un S&F dentro do bol.
Outra vez deixo repousar 45 min e fago un S&F dentro do bol.
Deixo repousar 15 min, divido en dous a masa e preformo.
Deixo repousar 15 min, formo (mal porque se me pega á mesa) e coloco nos banetóns.
Meto no frigorífico unhas 16 h e logo saco e deixo temperar 3 h
Enforno sobre a pedra quente 15 min a máxima temperatura con vapor e 55 min a 200ºC sen vapor.

1/2/11

Teño moita sorte

O mellor do inverno na miña cociña: laranxas de Sergio, mandarinas de Adriana, kiwis de Ramiro e noces de Araceli, todo de produción ecolóxica. Son unha persoa afortunada :)