19/12/10

Pan escuro de centeo claro

Un pan escuro, aromático e tenro.

INGREDIENTES
270 g masa nai de centeo
230 g fariña de centeo (Rincón del Segura)
205 g infusión de malta (cebada tostada caramelizada)
20 g melaza
20 g cacao puro en pó
20 g malta de trigo caseira
5 g coendros moídos
5 g sal
1 g lévedo fresco para acelerar un pouco

PREPARACIÓN
Mesturar todo, formar un bâtard sobre a mesa mollada, colocalo nun molde empapelado e aplastalo un pouco.
Deixar levedar, pincelar con auga (ou infusión de malta) e enfornar 10 min a 240ºC e 50 min a 200ºC sobre a pedra quente. Eu tíveno ese tempo e penso que lle sobrou un pouco.
Unha vez frío, envolver nun pano e deixar repousar polo menos un día antes de comelo.

Está mellor despois de dous días de repouso, a combinación de sabores equilíbrase e resulta (polo menos para min) deliciosa. Aínda que na foto parece un pan pesado, a textura é relativamente esponxosa.

18/12/10

Holzofenbrot

Feito coa receita de Ibán no Foro del pan, sen lévedo comercial. É un pan precioso, a foto non lle fai xustiza nengunha :( O cheiro é tan bo que non sei se serei quen de agardar a mañán para probalo.

......
...
Ala, xa é mañán:

11/12/10

Un pan que sabe a campo

A mestura de trigo integral e centeo branco é unha das miñas favoritas. O toque de mel que leva (non é un pan doce) séntalle á perfección. Este pan cómese só :)
A receita aquí.

4/12/10

Pan de centeo e trigo


INGREDIENTES para unha peza ben boa

Masa léveda (feita o día anterior)
  • 25 g fariña de centeo integral (Rincón del Segura)
  • 25 g fariña de centeo branco (Rincón del Segura)
  • 50 g fariña de forza (Aragonesa de Mercadona)
  • 70 g auga [70%]
  • 1,5 g sal [1,5%]
  • dúas culleriñas de masa nai
Masa nova
  • 125 g fariña de centeo integral (Rincón del Segura)
  • 125 g fariña de centeo branco (Rincón del Segura)
  • 250 g fariña de forza (Aragonesa de Mercadona)
  • 350 g auga [70%, pero engado algunha máis no amasado e nos pregados]
  • 7,5 g sal [1,5%]
PREPARACIÓN
Mesturo as dúas masas, amaso uns 5 min e deixo repousar.
S&F aos 60 e 120 min. Deixo repousar.
Preformo e formo.
Coloco nun banetón ben enfariñado con centeo e deixo ao fresco (7-9ºC) unhas 10 h 30 min
Deixo temperar 3 h
Enforno (sen pedra) con vapor 15 min a 240ºC e 55 min máis sen vapor a 200ºC