28/11/10

Pan de centeo integral e trigo con uvas e noces

INGREDIENTES
300 g masa nai de centeo integral
350 g fariña de forza (Aragonesa de Mercadona)
100 g fariña de centeo integral (Rincón del Segura)
agua (comecei polo 70% e fun engadindo máis)
50 g uvas
75 g noces
15 g panela
9 g sal

Adaptación da receita de Ibán no foro del pan, con máis masa nai, centeo e auga.

Un experimento

É a segunda vez que fago o experimento de cocer un pan na chimenea. A primeira vez non saiu moi ben porque lle faltou calor, esta vez tivo calor de máis (carbonizouse o papel e a parte de abaixo do pan), a terceira será a boa?

Tex-mex

Chili con carne nun fervo non fervo mentres fago unhas tortillas.

Barm day


Un pouco á vaiche boa. Con barm de Estrella Galicia a falta de bottle conditioned ale.

20/11/10

Pan doce con froita seca


Receita de Dan Lepard, «Fruited barm cake», The handmade loaf, p. 103. Fíxeno con arandos secos e ameixas pasas. Como foi improvisado e non tiña feito un barm, preparei unha masa de pan normal cun par de culleriñas de masa nai directamente do frigorífico sen refrescar nin nada, auga e fariña de forza do Mercadona.

Está riquísimo.

Chilacayote


862 »Nunca está mi tienda sin fruta a las loçanas,


»muchas peras, e durasnos ¡qué cidras e qué manzanas!


»¡qué castañas, qué piñones, e qué muchas avellanas!


»Las que vos queredes mucho éstas vos serán más sanas.

Juan Ruiz, «Enxiemplo de la abutarda y de la golondrina», Libro de buen amor, Alicante: Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, 2000.

Cabaza de Cambre, cortesía de Sandra vía Adriana.

9/11/10

Mini tartaletas de lemon curd e merengue


LEMON CURD
2 limóns
100 g azucre
50 g manteiga
2 ovos

Quentar ao baño maría o azucre coa manteiga, o zume e a raspadura dos limóns ata que estea todo ben disolto e mesturado.
Batir os ovos e engadilos ao anterior pouco a pouco e remexendo.
Cocer uns minutos, remexendo sempre, ata que espese.

6/11/10

Pan normal para un día normal


INGREDIENTES para un molete ben bo
660 g fariña de trigo (RdS)
280 g masa nai de centeo integral (Biogredos)
420 g auga [70%]
12 g sal [1,5%]

PREPARACIÓN
Bato a masa nai coa auga. Engado a fariña e deixo repousar uns 20 min
Engado o sal e amaso (Bertinet) uns 6 min
Fago unha bola e deixo levedar 2.30 h, con S&F cada 45 min
Formo, coloco no banetón e meto no frigorífico 11 h
Deixo temperar 1.30 h (tería precisado algo máis) e enforno 15 min con vapor a 240ºC e 55 min sen vapor a 200ºC
Como non usei a pedra, faltoulle unha pouca calor por baixo.