
Nunca fixera bolos de arroz porque non daba atopado unha receita convincente. Por fin din con
esta, que parece bastante auténtica, e probei. Non saíron nada mal e penso que cun par de probas máis hei afinar a receita e obter unha versión definitiva.
O máis complicado foron os
cilindros de papel; fíxenos tan mal que foron un desastre, apenas este bolinho (que tampouco é para tirar foguetes) é digno de foto...