19/11/09

Unser täglich brot


O PAN NOSO DE TODOS OS DÍAS

INGREDIENTES para dúas pezas boas
400 gr masa nai (centeo e trigo)
400 gr fariña de forza (Modesto)
400 gr fariña de trigo común (Gallo)
500 gr auga morna [70%]
15 gr sal [1,5%]
10 gr malta de trigo [1%]

PREPARACIÓN
Mesturar todo agás o sal. Autolise 20'
Amasar incorporando o sal.
Deixar levedar 60'
Amasar brevemente e facer varios S&F
Deixar levedar 60'
Amasar brevemente e facer varios S&F
Dividir en dous, formar e colocar nos banetóns ben enfariñados.
Deixar toda a noite a temperatura ambiente (uns 19ºC), aumentaron moito de volume.
Tempo desde a autolise ata que entrou no forno: unhas 12 h
Envorcar os banetóns na bandexa, dar uns cortes e enfornar.
Coceron 20' a máxima temperatura, cunha xarriña de auga, e 30' a 200ºC

Refresquei a masa nai o día anterior e tívena no frigorífico. Antes de facer o pan deixeina unhas 3 h a temperatura ambiente.


CATA
Ben douradiños (debido á malta?), unha cor preciosa, non se aprecia ben nas fotos.
Sabor algo ácedo, non en exceso. Teríalles ido ben algo de centeo pero non quedaba.
Decidín incorporar unha parte de fariña frouxa porque a de Modesto ten moitísima forza, penso que o resultado é bo.

A MELLORAR
A coida non quedou demasiado ben pola parte de abaixo, haberá que ir buscando unha pedra para o forno.


Our daily bread