8/8/09

Fougasse de trigo e escanda

Non parece unha empanada?

FOUGASSE DE TRIGO E ESCANDA

INGREDIENTES
200 gr fariña de forza da panadería de J. Baldomir
200 gr fariña de escanda
260 gr auga morniña (65%)
5 gr lévedo prensado (1,25%)
8 gr sal (2%)
8 gr azucre (2%)

PREPARACIÓN
Misturar fariña e auga. Autolise 30'
Engadir lévedo, sal e azucre.
Amasar todo xunto ata formar membrana.
Deixar levedar 1 h
Estirar sen aplastar, metendo as mans por debaixo para que estire polo seu propio peso. É unha masa fácil de manexar.
Esparexer fariña de millo na bandexa do forno e deixala repousar nela, tamén con fariña de millo por riba e cuberta para que non seque. Deixala polo menos 30' e darlle os cortes tratando de abrilos ben.
Aquecer o forno ao máximo (240ºC). Cocer 15' por un lado, pulverizando auga; dar volta e cocer 10 polo outro.


CATA
Codia ben crocante, miolo alveolado. Sabor algo doce e aromático (debido á escanda?)

Era a primeira vez que usaba esta fariña de forza, absorbeu de contado a auga e fixo unha masa moi suave.


A MELLORAR
A forma. A peza ocupaba toda a bandexa e cando lle din os cortes case non os puiden abrir porque non había espazo. Pecháronse ao crecer.