27/6/09

Piiiitas piiitas (2ª ed)


PIIIITAS PIIITAS (2ª ed)

INGREDIENTES para unhas 12 pitas (dúas bandexas)
400 gr fariña de forza
250 gr agua morniña (aprox 63%)
5 gr lévedo prensado (aprox 1/4 cubito)
10 gr azucre
5 gr sal

PREPARACIÓN
Misturar o lévedo, a auga e o azucre. Deixar repousar 5'
Engadir o sal e a fariña. Amasado Bertinet uns 20-25'
Deixar levedar aprox 60'
Enfariñar ben a mesa.
Desgasificar.
Cortar a masa cunhas tesoiras en cadrados parellos.
Estirar bastante cada cadrado.
Deixar repousar tapadas.
Enfornar ao máximo de temperatura 4' por un lado, dar a volta e 3' polo outro. Colocar a grella na posición media.
Deixar arrefiar un pouco, aplanar e gardar envoltas nun pano húmido porque se resecan de contado.

CATA
¡Perfectas! Subiron todas, engordaron como bolas, parecía que ian rebentar. Fixen dúas cousas de maneira diferente á primeira vez:

Unha vez desgasificada a masa, no canto de facer boliñas, corteina en cadrados cunhas tesoiras e funnos estirando sen amasalos.

Enforneinas na grella do forno (sobre un papel) e non na bandexa. Pensei que deste xeito recibirían máis calor.

Amaseinas máis que a primeira vez, ata ter a certeza de que o glute estaba ben desenvolvido.

A MELLORAR
A forma non é moi ortodoxa: no canto de redondas quedaron cadradas e triangulares.


PROCEDENCIA
De Madrid tiene miga
http://madridtienemiga.blogspot.com/2009/01/pitas-perfectas-para-una-venganza.html
(desapareceu co cambio do blog a Wordpress).

e Bureka Boy
http://is-that-my-bureka.blogspot.com/2007/02/pita-101.html