Dous quilos de pan caseiro:
É mesmo pan da semana pasada pero engadindo un pouco centeo. Sae un pan máis denso, máis escuro, algo húmido e con máis sabor.
INGREDIENTES
Masa 1
200 g fariña de centeo integral
80% auga
2% sal
dúas culleriñas de starter
Masa 2
1000 g fariña de trigo do país
800 g auga [80%]
15 g sal [1,5%]
PREPARACIÓN [T=17-18ºC]
Preparo a masa 1 o día anterior.
Mesturo a fariña coa auga e agardo 1 h
Engado o sal e a masa 1 e amaso todo xunto à la Bertinet algo menos de 10 min
Deixo levedar 3 h e fago un S&F cada hora.
Meto a masa nun bol no frigorífico 12 h
Ao día seguinte sácoa e déixoa temperar 3.15 h. Penso que lle faltou algo de tempo :(
Xusto antes de enfornar, divido a masa sobre a mesa enfariñada e formo rapidamente dúas pezas. Estiven tentada de facer unha moña pero non me atrevín.
Enforno sobre a pedra quente con vapor 15 min á máxima temperatura e sen vapor 55 min máis a 200ºC. Non lle terían ido mal 5 min máis.