26/5/12
Algo chamuscado
Unha versión deste delicioso pan. Queimóuseme un pouco porque andaba entretida noutras tarefas. Ainda así, cheira e sabe moi ben.
24/5/12
Unha rosca para o almorzo
Unha rosca doce (pouco doce) sen complicacións para o almorzo.
INGREDIENTES
500 g fariña de forza (Haricaman)
250 g leite morno infusionado con canela, vainilla e cardamomo
50 g manteiga cocida
60 g azucre amarelo areado portugués
2 ovos
5,5 g lévedo seco (un sobre de Maizena)
un chisco de sal
un pouco de azucre para adornar
tona de limón confitada
PREPARACIÓN
Mesturar todo menos os ovos, incorporándoos cando xa estea a medio amasar.
Deixar levedar cousa de 1 h
Incorporar a tona de limón feita anaquiños, formar unha rosca, pulverizar auga para que non seque e deixar levedar outra vez.
Humedecer moi lixeiramente o azucre e colocalo por riba da rosca.
Enfornar 25-30 min (non me acordo) a 180ºC, cuberto case todo o tempo con papel de aluminio para que non colla demasiada cor.
17/5/12
Deluxe
Para moitas persoas falar de comida de luxo significa marisco ou cousa semellante. Para min trátase máis ben disto:
Ensalada da horta, con leituga folla de carballo e rabanitos acabados de apañar, noces e mazá. Todo de casa menos a mazá, que aínda non hai.
De luxo.
Xa?!
Millo corvo e faba vasca. Boteinos hai dez días e xa están así, non é incrible?
Ah, e os altramuces que me deu Adriana, crecen tan á presa que case se pode apreciar a simple vista.
Púxenos na terra esta tarde.
13/5/12
4/5/12
Bollu preñau vexetarianu
A receita deste mes no foro do pan é o bollo preñau e a min prestoume inventar unha versión sen carne.
O recheo é seitán caseiro (receita aquí). Fíxeno con 500 g de fariña candeal e cocino con sidra, allos, sal e pemento doce e picante. Deixeino repousar dous días no líquido da cocción e logo escurrino, piqueino, adobeino e fritino coma se fose zorza.
Fixen unha masa enriquecida para que resultase máis tenra. Boteille:
200 g fariña candeal
120 g leite
27 g crème fraîche caseira
3 g sal
1 g lévedo seco
Amasei nun bol, deixei levedar cousa de 1 h e pico, estirei, puxen o recheo e deixei levedar 1 h máis.
Enfornei 30 min a 200ºC
Fóiseme un pouco a man co sal e co picante (nada grave) pero polo demáis saiu incriblemente bo.
Sementar, sementarei
Millo corvo e fabas vascas, agasallo dunha persoa creativa e xenerosa.
Estou desexando que chegue o domingo para botalas na horta.
3/5/12
Suscribirse a:
Entradas (Atom)