Hai que ter un coidado con este pan... non ben te despistas un instante, achichárrase no forno.
Medio queimado e todo, conserva a súa potente capacidade adictiva. É sen dúbida ningunha o pan máis adictivo que coñezo.
23/1/12
22/1/12
Mira que son parva
21/1/12
Das Brot.
Partindo unha vez máis do wholegrain rye bread de Lepard (The handmade loaf, p. 85) e modificándoo ao meu gusto, cruzándoo co sour 100% rye bread (p. 31) e tamén estoutro, fixen un pan tipo alemán:
INGREDIENTES para dous moldes de 1,5 L
400 g masa nai de centeo
800 g centeo en gran partido e cocido
500 g fariña de centeo
300 g malta en infusión (cebada tostada caramelizada)
2 culleriñas de sal
2 culleradas de mel de cana
2 culleradas de sirope de cebada
PREPARACIÓN
Mesturo todo e deixo repousar 1 h
Verco a masa en dous moldes empapelados e engraxados.
Deixo levedar toda a noite no frigorífico e cousa de 4 h a temperatura ambiente (evidentemente foi pouco, porque rebentaron).
Furo cun espeto e pinto cun engrudo lixeiro de maizena (The handmade loaf, p. 187).
Enforno 1 h a 200ºC.
Doulles outra pincelada ao sacalos do forno para que brillen ben.
15/1/12
Wholegrain rye bread tuneado
Fixen un wholegrain rye bread (Dan Lepard The handmade loaf, p. 85) modificando un pouco a receita:
Agora estou marinando un salmón para que lle faga compaña.
- Non puxen lévedo comercial, so masa nai.
- O gran estaba máis ou menos partido (era schrot caseiro) e de maneira irregular: contiña gran partido, algún enteiro e fariña basta. O resultado de cocelo sería máis ben un Quellstück.
- Aumentei a cantidade desa pasta e non medin a auga que contiña.
- Engadín cousa de medio vaso de kéfir porque me pareceu que a masa precisaba máis humidade.
- O pan levedou toda a noite na terraza (aprox. 9 h a 9ºC) e despois na cociña (aprox. 3 h a 16º C), tería precisado algo máis.
- Tíveno no forno 65-70 min e non lle sobrou nada.
- Vernizeino antes de metelo no forno e cando o quitei cun engrudo moi lixeiro de amido de millo (Maizena). Na foto non se aprecia pero o resultado é es-pec-ta-cu-lar.
Agora estou marinando un salmón para que lle faga compaña.
7/1/12
Bocata en Picos
6/1/12
3/1/12
1/1/12
Suscribirse a:
Entradas (Atom)