28/4/11
Coca de sardiñas para cear
Unha pouca masa de pan, media ducia de sardiñas boísimas e fondo de armario: tomates secos, cebola, romero, un toque de pimenta negra e aceite.
24/4/11
Pan blanco
13/4/11
10/4/11
Leite e pan
Como esta nata era tan boa, cultiveina para facer leite callado. Hoxe ocorréuseme coar ese leite de xeito que quedase algo máis cremoso para untar. Gardei o soro e useino nuns panciños improvisados rapidamente para a cea.
O ourego tamén é de casa :)
O ourego tamén é de casa :)
Bocata en Carral
2/4/11
Pan branco
Cousa rara, fixen un pan branco. Esta é a masa que tiña preparada e da que separei parte para a bola de nata. É un pan ben sinxelo: fariña de trigo, 70% auga e 1,5% sal, levedado cunha pouca masa igual que fixera o día anterior. Formeino pouco antes de metelo no forno.
Está feito coa fariña que comprei a semana pasada en Friol.
Bola de nata
Como tiña nata dabondo e masa de pan preparada, ademáis das galletas fixen esta bola de nata. A única vez que a comera foi hai anos en casa de Elena e Ricardo, estaba deliciosa. Cando vin as receitas no foro do pan e en MTM, acordeime dela e déronme ganas de facela.
Non se parece moito á orixinal (mellor dito non se parece nada!) pero está moi boa. Esta nata ten un sabor entre a manteiga e o queixo, cun puntiño acedo que combina ben co doce.
Galletas de nata
1/4/11
Suscribirse a:
Entradas (Atom)