16/1/11

Molletes e molete

Pan branco, rápido e sinxelo. Hoxe non tiña ganas de traballar, fixen uns molletes para os almorzos e bocatas de media mañán e aproveitei os retallos que quedaron de cortar a masa para un molete con sal gordo (Maldon, que hai categoría) por riba.


A receita é a mesma que xa fixera noutras ocasións:

INGREDIENTES
400 g fariña de trigo candeal (Froiz/Gabino Bobo)
400 g sémola de trigo duro (fariña para migas Aragonesa Mercadona)
500 g auga [62,5%]
8 g lévedo prensado [1%]
10 g sal [1,25%]

PREPARACIÓN
O día anterior preparo un poolish con:
  • 100 g fariña candeal
  • 100 g sémola
  • 200 g lévedo
  • 2 g lévedo
Mesturo todo, remexendo ben, déixoo contra 1 h a temperatura ambiente e despois métoo no frigorífico.

O día do pan engado o poolish a una masa feita con:

  • 300 g fariña candeal
  • 300 g sémola
  • 300 g auga
  • 6 g lévedo prensado
  • 10 g sal
Amaso e deixo levedar cousa de 1 h 15 min
Desgasifico, estiro a masa cun rodillo sobre a mesa ben enfariñada e corto círculos cun aro de emplatar.
Deixo repousar un anaco e quento o forno a 200ºC
Enforno 15 min sobre a bandexa, sen vapor.

Para o molete: amaso os retallos e fago unha bola. Deixo repousar e estiro un pouco metendo as mans por baixo (como se fose unha pizza moi gorda).
Xusto antes de cocelo pulverizo auga e boto sal por riba.
Enforno 30 min a 200ºC