12/11/11

Día de experimentos

Hoxe é día de experimentos ou, mellor dito, de xogar un pouco na cociña. Preparei unha masiña sinxela con fariña, cabaza, leite, un pouco azucre, especias e un chisco de lévedo.

Amasei e deixei levedar 90 min, logo metin a masa no frigorífico toda a noite.

Pola mañán dividina en dous. Cunha parte fixen este boliño, que foi ao forno:

E coa outra parte fixen unha especie de baozi que coceron na vaporeira:


Quedaron ricos, suaves, lixeiros e esponxosos (aínda que na foto non o parecen). A cor era moi bonita, na foto saen así de desmellorados porque está feita co móvil, tiña a cámara sen batería. Rebentaron ao coceren, nunca me pasara. Terían precisado máis repouso.

Os ingredientes da masa común son:

360 g fariña candeal (Froiz / Gabino Bobo)
50% cabaza cocida (no microondas para que non colla auga)
5% azucre moreno
algo menos do 60% leite
0,3 % lévedo seco
canela
cravo moído
noz moscada
xenxibre fresco ralado
un chisquiño de sal

Xa para rematar, cunha pouquiña cabaza que me sobrou, improvisei unhas gominolas feitas con amido de mandioca (polvilho doce):

Non é que estean malas, pero a min todo o que leva amido de mandioca sábeme a pão de queijo. Un sabor curioso.