26/3/13
Uttapam (sort of)
Lentellas e arroz fermentados? parece unha tolería ou unha porcallada, mais non o é.
Hai milleiros de recetas de uttapam na rede, estas non pretenden ser as orixinais.
INGREDIENTES
1 cunca lentellas laranxa
2 cuncas arroz
1 cunca kéfir
PREPARACIÓN
Remollar ben as lentellas e o arroz 12 h
Escurrir, mesturar co kéfir e triturar.
Deixar fermentar 24 h (ollo: aumenta moito de volume).
Pódense condimentar ao gusto, eu nin sal lles botei, so un pouco de cayena.
Cociñar sobre a prancha engraxada. O habitual e botarlles anaquiños de algún vexetal (cebola, tomate) por riba antes de lles dar volta.
Degustar con chutney ou con calquera cousa que a imaxinación mande.
25/3/13
Merendola improvisada
Cun resto de masa de pan que levaba un par de días no frigorífico e unha mazá improvisamos unha merendola de luxo. Boteille por riba uns anaquiños de manteiga, azucre de cana (portuguesa, riquísima) e o primeiro que atopei: canela, laranxa amarga seca e un pouco de zume de lima.
Encántanme os doces pouco doces, rústicos e con froita.
24/3/13
Chucruteando
17/3/13
90% auga, 0% esforzo
O pan à l'ancienne é un dos tipos de pan máis fáciles e resultóns: mesturamos ben a fariña cunha boa cantidade de auga, pouco lévedo e sal nun bol, gardamos en frío e logo dun día e medio ou dous, cocemos.
Estes da foto levan:
500 g fariña de trigo de forza ecolóxica moída en pedra de Bacheldre Watermill
450 g auga [90%]
5 g lévedo fresco [1%]
7 g sal [1,5%]
Non ten segredo ningún: nin se amasa nin lle hai que facer nada nin precisa trebello algún.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)