16/1/11

A pataca feliz



Faltoulle só botarse a cantar:

Molletes e molete

Pan branco, rápido e sinxelo. Hoxe non tiña ganas de traballar, fixen uns molletes para os almorzos e bocatas de media mañán e aproveitei os retallos que quedaron de cortar a masa para un molete con sal gordo (Maldon, que hai categoría) por riba.


A receita é a mesma que xa fixera noutras ocasións:

INGREDIENTES
400 g fariña de trigo candeal (Froiz/Gabino Bobo)
400 g sémola de trigo duro (fariña para migas Aragonesa Mercadona)
500 g auga [62,5%]
8 g lévedo prensado [1%]
10 g sal [1,25%]

PREPARACIÓN
O día anterior preparo un poolish con:
  • 100 g fariña candeal
  • 100 g sémola
  • 200 g lévedo
  • 2 g lévedo
Mesturo todo, remexendo ben, déixoo contra 1 h a temperatura ambiente e despois métoo no frigorífico.

O día do pan engado o poolish a una masa feita con:

  • 300 g fariña candeal
  • 300 g sémola
  • 300 g auga
  • 6 g lévedo prensado
  • 10 g sal
Amaso e deixo levedar cousa de 1 h 15 min
Desgasifico, estiro a masa cun rodillo sobre a mesa ben enfariñada e corto círculos cun aro de emplatar.
Deixo repousar un anaco e quento o forno a 200ºC
Enforno 15 min sobre a bandexa, sen vapor.

Para o molete: amaso os retallos e fago unha bola. Deixo repousar e estiro un pouco metendo as mans por baixo (como se fose unha pizza moi gorda).
Xusto antes de cocelo pulverizo auga e boto sal por riba.
Enforno 30 min a 200ºC

9/1/11

En ca' la Pepa


Unha antiga fábrica de fariña (estraña denominación para un muíño) é un bonito lugar para recibirmos o ano novo.
Coa brétema da mañán, máis branca aínda.

4/1/11

Bocata en Doñana


Paseando por el pinar de La Algaida en un silencio absoluto, que se agradece después del bullicio de Sanlúcar.

2/1/11

Telera gaditana


Merqueina esta mañán en Medina Sidonia. Era unha peza de 1 Kg polo menos e dicíanlle "pan de campo". É un pan abiscoitado, o miolo é tenro e amareliño como se levase ovo e a codia tamén é tenra.