16/7/11

Sen complicacións

Esta fin de semana non tiña tempo nin ganas de liarme e fixen un pan sen complicación ningunha.

INGREDIENTES para dúas pezas duns 800 g cada unha
400 g fariña de trigo integral (Rincón del Segura)
400 g fariña de centeo (Rincón del Segura)
320 g masa nai de trigo integral e centeo
608 g iogur [80%]
45 g auga (engadina porque a masa pedía máis líquido)
23 g sirope de cebada malteada (que non se lle nota)
14 g sal [1,5 %]

PREPARACIÓN
Mesturo todo agás o sal. Autolise 30 min
Engado o sal e amaso uns 5 min
Deixo levedar 1 h
Divido a masa en dous, formo sobre a mesa mollada e coloco nos moldes engraxados. Cúbroos con sementes de sésamo e pulverizo auga.
Métoos no frigorífico unhas 13.30 h
Saco e deixo temperar 1.30 h
Pulverizo unha pouca auga sobre o pan e enforno 1 h a 200ºC , os últimos 10 min fóra do molde.