Non adoito preparar doces, pero é que non todos os días volta á casa unha persoa querida, coma hoxe.
As mazás e a cabaza son da horta. A cabaza é a primeira da tempada, que sempre fai unha ilusión especial.
(Sospeito que o cheiriño a doce e a canela chega ata o portal).