

Como tiña nata dabondo e masa de pan preparada, ademáis das galletas fixen esta bola de nata. A única vez que a comera foi hai anos en casa de Elena e Ricardo, estaba deliciosa. Cando vin as receitas no
foro do pan e en
MTM, acordeime dela e déronme ganas de facela.
Non se parece moito á orixinal (mellor dito non se parece nada!) pero está moi boa. Esta nata ten un sabor entre a manteiga e o queixo, cun puntiño acedo que combina ben co doce.